jueves, 27 de septiembre de 2012

CAMPAÑA "ESTRELLA GALICIA"



S.D.C. SAN ADRIÁN DE COBRES VETERANOS

LINO, CAPITÁN S.D.C. SAN ADRIÁN VETERANOS


Dedicado ao capi de veteranos do Sdc San Adrian de Cobres....onte tivo un accidente de moto no que toda a familia,amig@s e demais levamos un bo susto...A cousa esta estabilizada e sen gravidade.


Espero poder verte prontiño nos terreos de xogo. 



QUÉROTE MOITO PRIMIÑO....

“O SDC San Adrián segue soñando”






Encontro correspondente a V Xornada de Primeira Autonómica Grupo V.

A escuadra sanadrianensa recibirá o próximo domingo, ás 17:00 horas,  ao Gran Peña F.C.. Un equipo recen descendido de Preferente Autonómica.

O conxunto dirixido por Rocha chega cun ritmo de resultados moi bo, mentres o Gran Peña F.C. parece que lles custa coller ritmo. Tamén, dicir que estan nos primeiros partidos e a tempada é moi longa.

O cadro sanadrianens será un complicado rival. Está formado por unha plantilla de xogadores moi mozos  e de moi boa calidade. O xogo e a intensidade están sendo boas e a intención é manter ese nivel ante un rival que será moi esixente.

  

                        S.D.C. San Adrián                          Estadisticas                                GRAN PEÑA F.C. 

                                    1                                           Posicion actual                                         8
                                    4                                           Partidos                                                     4
                                 4/0/0                      Vitorias/Empates/Derrotas (Total)                  2/0/2
                                 2/0/0                      Vitorias/Empates/Derrotas (Local)                  1/0/1
                                 2/0/0                      Vitorias/Empates/Derrotas (Visitante)           1/0/1
                                   12                                          Puntos                                                         6
                                11:4                                         Goles                                                           7:5
                                    7                                          Diferencia de goles                                    2




                                                                              AUPA S.D.C. SAN ADRIÁN

O FÚTBOL NON ENTENDE DE XUSTIZA





S.D.C. SAN ADRIÁN VETERANOS 3-4 CAFETERIA PASARELA C.F. VETERANOS

Alineación:

San Adrián de Cobres: Marcos, Cancelas, Tito, Milo, Ares, Jesus, Javi, Rodri, Foji, Luis e Juan

Suplentes: Bel, Pepe, Richi, De la Campa, Veras e Abel.

 Xogador destacado: Rodri.

Comentario:

A pesar de que o planeamento de hoxe podia contentar aos seareiros, hoxe non se encontrou a fórmula. A primeira aproximación chegou de Foji, onde demostrou que o equipo contrario contaba cun bo porteiro. Minutos máis tarde, Tito, o intentaría de novo.

 Os locais xeneraban fútbol, pero iso tamén levou a que deixaran espazos e así, Cafetería Pasarela aproveitar un deses espazos para deixar o esférico no fondo da rede.

Nunha gran xogada de Foji, chegaría a ocasión de empatar o partido pero o seu tiro vai por encima do travesaño. Aos poucos minutos, Foji foi obxecto dun claro penalty que Javi non transformou en gol.

As xogadas sucedíanse por ambas bandas, pero sen finalizacións. Un fútbol bonito e con dominio do San Adrián.

O empate chegaba nunha xogada a balón parado, ao borde da área. Rodri pasa a Juan e este envía o balón ao fondo da rede, cun disparo por toda escuadra.

Chegando ao minuto 42, sería outra vez, o Cafetería Pasarela quen aproveitaba a súa oportunidade transformando o marcador nun 1-2.

Final dun primeiro tempo moi serio do San Adrián e non estaban finos no día de hoxe cara a gol.

Tras o paso por vestiarios, o San Adrián seguía levando o peso do partido. Sería Juan quen erraría cara a gol tras precipitar o seu tiro. Agora sería Luis o que falla un gol cantado tras o centro de Juan. Minutos máis tarde, outra xogada parecida a anterior,pero esta vez, Foji sería o que centraría.

Xogada polémica, que protestaban os locais, por un agarron dentro da área a Foji e que o árbitro erraría na súa decisión.

No minuto 29, serían os visitantes os que, nun fallo defensivo,opreveitan para subir ao marcador o  1-3.

O San Adrián o intentaba, e así chegou o gol nunha xogada entre Bel e Foji. Foji pase por banda a Bel, este ao centrar corta a defensa coa mán e o árbitro pita penalty. Juan transforma no 2-3.

Minutos máis tarde, Rodri puña aos seareiros en pé despois de que o seu zapatazo se incrustara nas redes da portería visitante. Asi conseguíase o empate pero a alegría na casa do pobre, dura moi pouco. Xa que os visitantes adiantabanse minutos máis tarde despois dun erro da defensa e que aproveitan para deixar o balón no fondo da rede.

Un esforzo valente pero en van. Chegou o 90 e con éste o silbatazo final.

Agora toca preparar a próxima visita.

A TERCEIRA CHEGA NO CAMPO DE "O CURA" (3-2)







O SDC San Adrián non entende de maleficios. O conxunto granate derrotou por 3-2 o Xuventú Cambados. O San Adrián tivo o partido controlado en todo momento grazas ao traballo en bloque.









Crónica:

O SDC San Adrián tiña claro o seu obxectivo e ían loitar por conseguilo. Dani no primeiro minuto chegaría ao fondo da liña para centrar, pero o seu centro sería moi longo. Fran cun disparo dende a frontal da área foi o primeiro en tratar de sorprender a Joaquín. O equipo xa avisaba do seu perigo.

Cambados intentábao e nun teu meu, escapábaselles a primeira oportunidade para sorprender a Felipe, pero este moi atento saíu a polo balón.

Con todo, os locais seguían convencidos do seu traballo sobre o campo e Joky, nunha xogada individual dá o balón a Fran, este centra dende a esquerda e remata Dani que  envía o esférico ao fondo da rede.O San Adrián poñíase por diante no marcador co segundo tanto de Dani dende o comezo da tempada.

Os cambadenses intentábano a balón parado pero Victor cortaría o tiro. Minutos máis tarde serían os visitantes,outra vez, os que nunha xogada na que Julio por banda dereita centra e Juan conseguía empatar o partido. 

Nos últimos minutos o equipo achegouse á área visitante pero o resultado non se moveu. Tras o paso por vestiarios, o San Adrián saíu con máis iniciativa para buscar a meta de Joaquín e así conseguiu o seu obxectivo. Unha falta sobre Moisés que saca Israel, corta a defensa, recolle o rexeitamento Moisés, o seu disparo dá nun dos contrarios e o esférico coábase na portaría de Joaquín.

Nunha xogada na que Bande rouba o balón á defensa cambadense, entra como un obús na área e en vez de dar o pase da morte a Dani, tira e Joaquín corta co seu pé dereito.

Cambados intentábao cun disparo no que Felipe sacaba unha man milagrosa e evitar que o balón se coase na portaría.

No minuto 65, Fran decoraba o marcador cunha xogada individual preciosa e lanzou un potente chut contra o que nada puido facer Joaquín que viu como o esférico se coaba na súa portería. A afección festexaba este magnífico tanto.

O xogo volveuse máis impreciso e as ocasións menos perigosas que na primeira metade. No minuto 79, o Cambados acurtaría distancias cun disparo de Cascallar dende a frontal da área.

Os locais levaban o control do partido e o partido finalizaba con vitoria sanadrianensa. A loucura desatábase no campo de O CURA e o equipo sumaba tres puntos máis á súa cuadrícula. Terceira vitoria consecutiva do equipo.

AUPA SDC SAN ADRIÁN!!!.

SDC San Adrián  3

Felipe, Charly,Vasco (Juxx min. 75)  o, Victor, Israel, Moi, Bande, Joky, Dani ( Rafa min. 70), Román ( Tito min. 90) e  Fran(Neno min. 85).

Atlético Marcón  2

Joaquín, Saeriz, Noli, Toti, Nani, Edu, Juan (Angelo min. 59), Julio (Alvaro min. 72), Brais, Cascallar e Jimenez (Iñaky min. 65).

Goles: 1-0 min.26: DAni, 1-1 min. 42: Juan,2-1 min.46: Moi, 3-1 min.65: Fran e 3-2 min.79: Cascallar.

Árbitro:  Daniel Alvarez Vilar, auxiliado nas bandas Moreno Balea e Taboada Mosleiro. Amoestou  con amarela  ao local Vasco.

Incidencias: Partido correspondente á III Xornada do grupo V de Primeira Autonómica disputado no campo de “O Cura”, ante uns cen  seareiros.

martes, 4 de septiembre de 2012

1º Derbi: S.D.C. SAN ADRIAN 2 - DOMAIO F.C. O


Derbi con sabor a Granate (2-0)







O SDC San Adrián imponse ao Domaio F.C. no Campo de "O Cura" ante máis de 200 espectadores. O SDC San Adrian levouse os tres puntos no derbi grazas aos dous tantos de Bande. 












Crónica:

 Nada máis comezar o partido, no minuto 1, Bande adiantaba o San Adrián nun disparo dende case medio do campo e que a meta do Domaio, Jose, non tivo nada que facer. Os afeccionados do San Adrián estalaban de xúbilo.

O equipo visitante intentábao pero a penas conseguía chegar á área de Felipe. Non se chegara á media hora e Bande daría orixe a un golazo a balón parado. O sanadrianense marcaba o seu segundo tanto.

Os de San Adrián tiñan o control do encontro nesta primeira metade. Curra intentaba o último cartucho para finalizar a primeira metade, pase a Berto e este é incapaz de irse de Charly, que recupera o esférico sen problemas. Ambos os dous equipos marchábanse a vestiario con só dous tantos de renda granate.

O comezo da segunda parte o Domaio intentouno á desesperada en busca de recortar distancias, pero sen ocasións de perigo para a meta sanadrianensa. O San Adrián xogaba sen présas e sobre todo sen medo. Aínda que con menos intensidade que a primeira metade.

Unha vitoria importante na casa fronte a uns dos eternos rivais que fixo as delicias dos máis de douscentos afeccionados. Un San Adriánque suma os seus primeiros tres puntos neste inicio ligueiro. Pero xa toca pensar no próximo rival, o sempre difícil Marcón

SDC San Adrián  2

Felipe, Charly, Victor, Berto (Rafa min. 66), Israel, Moi, Bande (Iago min. 89),  Joky, Dani (Román min. 60), Fran (Neno min. 84) e Piru.

Domaio FC   0

Jose, Lino, Charly, Javi, Iago (Miguel min. 58), Moi, Diego, Chalin, Curra, Adri e Berto.

Goles: 1-0 min.1: Bande, 2-0, min 24: Bande.

Árbitro; Gonzalo Villanueva Carballo, auxiliado nas bandas por David Outón e Sergio Doval. Amoestou con amarela aos locais Felipe, Charly e Neno por facer tempo e con vermella ao visitante  Figo por protestar no banquillo.

Incidencias: Partido correspondente á I xornada do grupo V de Primeira Autonómica disputado no campo de O Cura, ante mais de douscentos espectadores.

S.D.C. SAN ADRIÁN VETERANOS 6-1 HURACAN C.F. VETERANOS








Alineación:

San Adrián de Cobres: Tino, Pepe, Tito, Pepe Dios, Germán, Lino, Javi, Bel, Foji, Barros e Juan

Suplentes: Milo, Germán, Richi, De la Campa, Rodri, Marcos, Basilio, Jesús, Cancelas e Gerardo


Xogador destacado: Foji









Comentario:

Segundo partido de liga e o SDC San Adrián saltou ao campo moi motivado. O primeiro acercamento chegou nun centro de Foji que Juan e Barros non poideron rematar para mandar o esférico ao fondo da rede.

O SDC San ADrián de Veteranos en todo momento mostráronse moi seguros no seu xogo. As xogadas por banda sucedíanse continuamente. Juan, abriu o marcador cun gol de falta ao borde da área grande. Os seareiros festexaban este primeiro tanto que servía para iniciar a conta goleadora do equipo.

Os de San Xurxo de Sacos o intentaban pero a defensa sanadrianensa era imposible de superar.

Xa chegando para rematar a primeira metade, Bel subía o segundo tanto nunha xogada espectacular entre él e Juan. Marchándose aos vestiarios cos aplausos dos seus seareiros que lles compensaba por a gran primeira metade.

Na segunda metade comezou o equipo contrario buscando acurtar distancias e así o conseguiron. A alegría para os visitantes duraría moi pouco. Richi volvía a ampliar a distancia no marcador e devolvía así a tranquilidade ao equipo. Os locais pelexaban cada balón e asi, sería Juan quen voltaría subir o seguinte tanto ao marcador.

Os sanadrianenses levaban o control do partido e buscaban a área da meta visitante.
No minuto 25, nunha xogada individual de Richi fai tremer a meta visitante, colando o balón ao fondo da rede.

O xogador Barros sería o último en aproveitar para picar o balón por encima da meta visitante, e deixando o balón no fondo da rede.

Resultado abultado dos sanadrianenses de todo xusto, xa que foron moi superiores aos visitantes.

Agora toca preparar a próxima visita a: A Lama C.F.