lunes, 23 de julio de 2012

O SDC SAN ADRIÁN COMEZA A PRETEMPADA


O venres 27 de xullo da comezo a preparación deste novo proxecto en Primeira Rexional, capitaneado por Jorge Paz “Rocha” ao cal lle acompaña como segundo Javier Tenorio e Jose Manuel “Super” como fisioterapeuta. 

 Novas caras e outras, xa vellas coñecidas, daranse cita o primeiro día. De momento, comezarán a pretempada e si convencen ao adestrador e si chega a un acordo con eles ficharanse. 

 A presentación oficial do SDC San Adrián será a finais de agosto. Ese día, ademais de presentar a todos os compoñentes do equipo, tamén se disputará o Trofeo Concello Vilaboa.