lunes, 9 de mayo de 2011

Merecida permanencia

O equipo granate dirixido por Manu Blas ganou onte 1-3 a un Guardes que non soubo como parar a este humilde equipo. Un partido, ao igual que todos os encontros disputados, traballado en equipo.

En canto a alineación o San Adrián de Cobres recuperou a un Tito, lesionado durante meses, xogador indispensable no esquema do San Adrián. Destacar o golazo de Román, na que o balón foi de escuadra a escuadra. 

Tamén dicir que a permanencia nos costou a luxación do ombreiro do dianteiro David Blanco, que loitou en todo momento por esa victoria.

Durante toda a tempada foi un futbol vistoso pero ao que lle faltaba un maior acerto cara a porta.

Por tanto, o S.D.C. San Adrián de Cobres onte firmou unha excelente oitava praza en Primeira Rexional. A pesar do sufrimento, a permanencia a ten no seu bolsillo.

San Adrián de Cobres F. C.: Primeras pasos...

San Adrián de Cobres F. C.: Primeiros pasos...: " San Adrián de Cobres Club de Fútbol está organizado como sociedade anónima deportiva, do pobo galego de San Adrián de Cobres na provincia de Pontevedra, concello de Vilaboa. Actualmente xoga en Primeira Rexional da provincia de Pontevedra. Tradicionalmente considérase que foi fundado o 16 denovembro do 1975."