lunes, 9 de mayo de 2011

Merecida permanencia

O equipo granate dirixido por Manu Blas ganou onte 1-3 a un Guardes que non soubo como parar a este humilde equipo. Un partido, ao igual que todos os encontros disputados, traballado en equipo.

En canto a alineación o San Adrián de Cobres recuperou a un Tito, lesionado durante meses, xogador indispensable no esquema do San Adrián. Destacar o golazo de Román, na que o balón foi de escuadra a escuadra. 

Tamén dicir que a permanencia nos costou a luxación do ombreiro do dianteiro David Blanco, que loitou en todo momento por esa victoria.

Durante toda a tempada foi un futbol vistoso pero ao que lle faltaba un maior acerto cara a porta.

Por tanto, o S.D.C. San Adrián de Cobres onte firmou unha excelente oitava praza en Primeira Rexional. A pesar do sufrimento, a permanencia a ten no seu bolsillo.

No hay comentarios: