Xa rematou a tempada, parece que foi onte cando empezástes cos partidos
amigables e os adestramentos, tamén recordo con moita alegría o triunfo da copa
do Concello e sobre todo, o mellor a vitoria por a permanencia en 1ª Rexional.
Dar grazas ao adestrador, preparador físico, fisioterapeuta e o enorme
traballo da directiva por conseguir tan ESPECTACULAR EQUIPO. Sen eles todos non
se conseguiría nada desto e sen o esquecernos dos SEAREIROS, que apoian ao
equipo nos desprazamentos e que sofren máis que ninguén, os pais, familiares e
amig@, moitas grazas polo voso apoio.
Neste apartado dar unha cariñosa despedida a Raúl, o preparador físico, e
aqueles que nos deixan por diferentes motivos como Marco. Moitas grazas por
colaborar co club, sempre teredes as portas abertas por si decidides regresar e
que a vosa nova andaina vos vaia moi ben, que teñades sorte na vosa vida
deportiva e persoal.
Felicitar o traballo que se fixo cos xogadores e que se non chega ser por
as lesións, a campaña sería moito mellor, non o dubido.
E por último, dar o parabén a todos os xogadores do club, realizastes unha
boa tempada do club.
MOITAS GRAZAS POR TODO E ESPERO QUE TEÑADES UN FELIZ VERÁN, A DISFRUTALO
PARA CHEGAR CON NOVAS ENERXÍAS PARA UNHA MELLOR TEMPADA.