viernes, 31 de agosto de 2012

DUELO CON SABOR A "CLÁSICO"

Encontro correspondente a I Xornada de Primeira Autonómica Grupo 5.



domingo, 12 de agosto de 2012

Segundo ensaio de pretempada do SDC San ADrián


O SDC San Adrián, no seu segundo ensaio da pretempada, cun empate ante o CD Soutomaior por 1-1, nun partido xogado no campo de herba artificial de Soutomaior.

Control e dominio do equipo granate, pero sen acerto cara gol. Na primeira metade adiantouse o Soutomaior ante a sorpresa dos seareiros.  A pesar do 1-0 no marcador o SDC San Adrián seguiu premendo e buscando a portería rival ata que, por fin, chegou o gol do empate.

No SDC San Adrián non interviñeron todos os xogadores do equipo, xa que algúns dos xogadores veñen de lesións longas e o adestrador optou por darlle descanso.  

martes, 7 de agosto de 2012

7 Agosto do 2012

O conxunto granate xa leva 2 semanas de adestramentos. Ata agora o balón foi o protagonista das sesión de adestramentos de pre-tempada que se realizou no campo de O Cura ou O Salgueiral. 

O equipo traballa moito e os xogadores están moi atentos a todo tipo de correccións puramente futbolísticas. Recalcar o bo ambiente que hai neste grupo.

É triste que dos tres campos que ten o Concello do Vilaboa o campo do San Adrián sexa o único que sigue de terra, e iso que é o que está na mellor categoría. E tamén, o único da categoría de Primeira Rexional. 

Necesitamos que a Deputación e Concello manteñan os seus compromisos de sufragar a obra no equipo deportivo, xa que somos unha asociación sen ánimo de lucro e cremos que merecemos o apoio das institucións públicas.