martes, 7 de agosto de 2012

7 Agosto do 2012

O conxunto granate xa leva 2 semanas de adestramentos. Ata agora o balón foi o protagonista das sesión de adestramentos de pre-tempada que se realizou no campo de O Cura ou O Salgueiral. 

O equipo traballa moito e os xogadores están moi atentos a todo tipo de correccións puramente futbolísticas. Recalcar o bo ambiente que hai neste grupo.

É triste que dos tres campos que ten o Concello do Vilaboa o campo do San Adrián sexa o único que sigue de terra, e iso que é o que está na mellor categoría. E tamén, o único da categoría de Primeira Rexional. 

Necesitamos que a Deputación e Concello manteñan os seus compromisos de sufragar a obra no equipo deportivo, xa que somos unha asociación sen ánimo de lucro e cremos que merecemos o apoio das institucións públicas.

No hay comentarios: