martes, 4 de septiembre de 2012

Derbi con sabor a Granate (2-0)







O SDC San Adrián imponse ao Domaio F.C. no Campo de "O Cura" ante máis de 200 espectadores. O SDC San Adrian levouse os tres puntos no derbi grazas aos dous tantos de Bande. 












Crónica:

 Nada máis comezar o partido, no minuto 1, Bande adiantaba o San Adrián nun disparo dende case medio do campo e que a meta do Domaio, Jose, non tivo nada que facer. Os afeccionados do San Adrián estalaban de xúbilo.

O equipo visitante intentábao pero a penas conseguía chegar á área de Felipe. Non se chegara á media hora e Bande daría orixe a un golazo a balón parado. O sanadrianense marcaba o seu segundo tanto.

Os de San Adrián tiñan o control do encontro nesta primeira metade. Curra intentaba o último cartucho para finalizar a primeira metade, pase a Berto e este é incapaz de irse de Charly, que recupera o esférico sen problemas. Ambos os dous equipos marchábanse a vestiario con só dous tantos de renda granate.

O comezo da segunda parte o Domaio intentouno á desesperada en busca de recortar distancias, pero sen ocasións de perigo para a meta sanadrianensa. O San Adrián xogaba sen présas e sobre todo sen medo. Aínda que con menos intensidade que a primeira metade.

Unha vitoria importante na casa fronte a uns dos eternos rivais que fixo as delicias dos máis de douscentos afeccionados. Un San Adriánque suma os seus primeiros tres puntos neste inicio ligueiro. Pero xa toca pensar no próximo rival, o sempre difícil Marcón

SDC San Adrián  2

Felipe, Charly, Victor, Berto (Rafa min. 66), Israel, Moi, Bande (Iago min. 89),  Joky, Dani (Román min. 60), Fran (Neno min. 84) e Piru.

Domaio FC   0

Jose, Lino, Charly, Javi, Iago (Miguel min. 58), Moi, Diego, Chalin, Curra, Adri e Berto.

Goles: 1-0 min.1: Bande, 2-0, min 24: Bande.

Árbitro; Gonzalo Villanueva Carballo, auxiliado nas bandas por David Outón e Sergio Doval. Amoestou con amarela aos locais Felipe, Charly e Neno por facer tempo e con vermella ao visitante  Figo por protestar no banquillo.

Incidencias: Partido correspondente á I xornada do grupo V de Primeira Autonómica disputado no campo de O Cura, ante mais de douscentos espectadores.

No hay comentarios: