lunes, 8 de octubre de 2012

Un empate é bo, pero o triunfo sería mellor (1-1)









O SDC San Adrián empatou como visitante ante o Salvatierra 1-1. O SDC San Adrián sigue sumando e sacou un punto do DExtros.











Crónica:

Coa confianza da boa dinámica do equipo saltou o SDC San Adrián ao campo. Os xogadores deixaron claro dende as primeiras accións que tiñan claro o seu obxectivo e ían loitar por conseguilo. Román cun potente disparo dende a frontal da área foi o primeiro en tratar de sorprender a Telmo.

SDC San Adrián xa avisaba do seu perigo. O Salvaterra tamén despregaba un bo xogo, vistoso, con xogadas rápidas por bandas. Un dominio do balón alternado por parte de ambos os dous equipos, co San Adrián querendo máis a posesión do esférico.

Pouco a pouco a posesión foi sendo máis clara para os visitantes, e con iso chegarían as ocasións de gol. Foron Moi e Dani os que dispoñerían das ocasións que foron solucionadas polo meta local, Telmo.

Román intentaríao de novo cun lanzamento de falta ao bordo da área, e Telmo sacaría unha man maxistral mandando o esférico a saque de esquina.

Pola súa banda, o Salvaterra intentaba chegar á área rival aproveitando o seu rápido extremo Noel por banda dereita, pero nos últimos metros encontrábanse un Berto moi atento que lles roubaba o balón.

Co resultado de empate a cero chegarían ao descanso.

Tras o descanso, o San Adrián saíu a polo seu obxectivo, os tres puntos. Pronto deixaría claras as súas intencións ao pouco de iniciarse a segunda parte. Román centra dende a banda dereita que toca Joky dentro da área pequena, deixando o balón nos pés de Fran para co seu disparo deixar o esférico no fondo da rede da meta local.

A pesar do ímpeto local, o San Adrián seguiu contando con oportunidades. A máis clara foi unha de Joky nun balón longo que se quedou só ante Telmo pero o seu desgaste físico era tanto que erraría no seu disparo. E outra, nun centro de Tito que remata Vasco, despéxaa a meta pero queda o balón morto na área pequena e que Borja non é capaz de chegar a tempo.

Foi no minuto 89 cando os visitantes pagarían esa falta de acerto cara a gol e se encontrarían co empate local. Un embarullamiento na frontal da área, e o desgaste físico de todo o equipo fixo que Julio acertase no seu tiro cara a gol. Duro golpe para os sanadrianenses, que vían como se lles complicaba un partido que podía estar resolto.

Finalmente, dous puntos que marcharon pero que aínda así segue para ir sumando na clasificación.

AUPA SDC SAN ADRIÁN!!!.

Salvatierra F.C.    1

Telmo, Lopez, Rubi (Jose min. 26), Borja, Odin, Manu, Zalo (Borja min. 26), Crisian (Lobo min. 59), Couso (Edgar min. 59), Noel e Julio. 

SDC San Adrián     1

Felipe, Charly, Berto , Victor, Israel, Moi, Piru (Borja min. 513), Joky (Juxx min. 84), Dani ( Vasco min. 76), Román ( Tito min. 66) e  Fran.

Goles: 1-0 min.52: Fran e 1-1 min. 89: Julio.

Árbitro:   Roberto Aira, auxiliado nas bandas Brais Benitz e YAtir Diaz. Amoestou con amarela  aos locais Lopez , Lobo e Julio e por o equipo visitante a Felipe, Joky e Victor.

Incidencias: Partido correspondiente á   VI  Xornada del grupo V de Primeira Autonómica disputado no campo de “Dextros”, ante unos cen  seareiros.


No hay comentarios: