martes, 2 de octubre de 2012

O S.D.C. SAN ADRIÁN SEGUE INVICTO (1-0)






O SDC San Adrián, segue sumando, 15 de 15 grazas ao tanto de Dani. Suma a súa quinta vitoria e que lle permite seguir líder na liga. O conxunto de Rocha impúxose no  SALGUEIRAL por un gol a cero nun partido difícil ante un dos equipos chamados a estar arriba na táboa.







Crónica:

Como se anunciara o encontro ía ser un partido "difícil" e así foi. Nos primeiros minutos o Gran Peña deu mostras de que é un bo equipo e a punto estiveron de marcar no minuto 7, nun centro de Lucho por banda dereita a Pedro e este remata rozando o pau esquerdo da meta sanadrianensa.

Pero os locais eran os que marcaban o ritmo do partido e nunha xogada a balón parado, sería Bande o que levaría perigo á meta visitante.

Dani  adiantaba o San Adrián no minuto 25 ao aproveitar un balón que dá na defensa e que lle queda na frontal da área grande e coa zurda bater de tiro forte e axustado a Gael. A bancada granate do Salgueiral  estalaba de xúbilo.

Román intentábao na frontal da área cun disparo endemoñado pero que corta un defensa mandando a saque de esquina. Tamén, Joky puido lograr o segundo pero o seu disparo tivo unha gran resposta de Gael.

Os visitantes querían conseguir a igualada no marcador e Cristián intentábao pero o seu disparo sae moi por enriba do travesaño.

Con todo, os locais seguían convencidos do seu traballo sobre o campo e Dani intentaríao cun disparo que sae rozando a escuadra dereita de Gael. Pero o equipo non tiña suficiente e o seguía intentado. Antes de chegar ao minuto 45, Moi recibe o balón de banda, pero precipítase no disparo.

Co resultado a favor e as boas sensacións que estaba a deixar o equipo sobre o terreo de xogo chegouse ao descanso sen cambios na dinámica do partido.

Tras o paso por vestiarios, o xogo volveuse máis impreciso e as ocasións menos perigosas que na primeira metade. Aínda que o Gran Peña tiña a posesión por momentos non creaba sensación de perigo grazas ao bo traballo defensivo dos granates. Intentárono os locais, Fran e Joky dende a frontal.

Rocha apostou por cambios, así dar frescura ao equipo e como non, a sociedade Borja-Tito intentábano por banda dereita pero sen finalización.

Pola súa banda o Gran Peña puido empatar o partido no minuto de desconto. Gabi queda só diante de Felipe pero o seu disparo mándao por enriba do travesaño.

Foi suficiente o tanto de Dani para que o San Adrián se levase os tres puntos, que serven para seguir no pleno (cinco de cinco), ser líderes en compañía do Rápido de Bahía. Manter a portería a cero e ratificar as boas sensacións que ofrece este equipo.

AUPA SDC SAN ADRIÁN!!!.

SDC San Adrián  1

Felipe, Charly,Berto , Victor, Israel, Moi, Bande (Piru min. 63), Joky, Dani ( Vasco min. 84), Román ( Tito min. 88) e  Fran(Borja min. 77).

Gran Peña F.C.   0

Gael, Cibrian, Falagar, Piñeiro (Eloy min. 79), Alex, Lema, Carlos, Lucho (Gabi min. 62), Diego, La Fuente e Cristian 

Goles: 1-0 min.25: Dani.

Árbitro:   Alejo Sartajes Bermúdez, auxiliado nas bandas Diego Carames Fernandez e Saul Cubelo Fernandez. Amonestou con amarela ao local Piru e por o equipo visitante a Piñeiro.

Incidencias: Partido correspondiente á  V Xornada do grupo V de Primeira Autonómica disputado no campo de “O Cura ou O Salgueiral", ante uno cien  seareiros.

No hay comentarios: