domingo, 14 de octubre de 2012

O San Adrián mantense invicto no Salgueiral (2-1)






Segue imparable o San Adrián neste inicio de tempada coa cuarta vitoria consecutiva en casa.

Crónica:

O partido comezou sen moito ritmo. Ambos equipos parecían respectarse en exceso e as ocasións brillaban pola súa ausencia, aínda que o peso do xogo levábao na súa maioría o San Adrián.

Tras uns minutos de “tanteo”,no 3, nunha falta a favor do equipo visitante, centran e Víctor ao querer despexar, termina metendo o balón dentro da portería de Felipe. Desafortunada xogada para o San Adrián.

Tralo gol, os locais intentaron tomar máis a iniciativa en busca da igualada. Esta puido chegar no minuto 20, un saque de esquina que remata Dani de cabeza e a defensa visitante despexa a saque de esquina. Minutos máis tardes, Román conseguía adiantarse á defensa e o seu disparo foi desviado a córner por Samu nunha gran intervención.

San Adrián iríase ao vestiario sen conseguir empatar o partido.

O comezo da segunda parte comezou co equipo contrario aumentar distancias e Javi II quedar nun cara a cara con Felipe pero nada puido facer, pois a meta local sóubolle aguantar moi ben e mandar o esférico a saque de esquina.

Con vantaxe dos visitantes, os sanadrianenses devecían por o gol e intentaban buscar a iniciativa en busca da igualada. Intentábao Román a balón parado, e máis tarde  Borja que o seu disparo pasa rozando o travesaño.

No minuto 14, Borja intentábao cun disparo forte e raso pero Samu despexa a saque de esquina. É aí onde se orixina o gol para os locais. Borja lanza o saque de esquina e remata Israel de cabeza que deixa o balón no fondo da rede.

Os sanadrianenses estaban envorcados no ataque e instantes despois tiveron tres claras oportunidades de ampliar a vantaxe no marcador. Un disparo desde a frontal de Bande, outra nun remate de cabeza de Joco, no que Samu saca unha man incrible e un potente disparo de Román rozando o travesaño.

San Adrián avisaba do seu perigo e no minuto 76, Bande, tras recibir un pase preciso, fusilou a meta de Samu cun forte chut. A alegría estalaba noSALGUEIRAL.

Nos minutos de desconto, os visitantes terían a súa última oportunidade nunha falta no área de Felipe, pero que o seu disparo vai moi por encima do travesaño.

Unha vitoria importantísima en casa que fixo as delicias dos afeccionados. O San Adrián que suma e segue segundo na táboa clasificatoria.

AUPA SDC SAN ADRIÁN!!!.

SDC San Adrián     2

Felipe, Vasco, Berto , Victor, Israel, Borja(Bande min. 61), Piru (Tito min.77), Joco, Dani, Román ( Iago min. 90) e  Fran( Charly min. 72).

Porriño Industrial F.C.   1

Samu, Miki, Lele, Alvaro, Dido, MAnu, Javi (Millos min. 72), Jesus (Aballe min. 80), Yago (Rober min.72) y Javi II (Angel min.61).   

Goles: 0-1 min.32: Victor, 1-1 min.60: Israel e 2-1 min.76: Bande.

Árbitro:   Maria Lopez, auxiliado nas bandas Lepe Diaz e David Dominguez. Amoestou con amarela  aos locais Berto, Joco, Piru e Dani  e polo equipo visitante a Yago, Manu, Miki, Samu, Miki, David, Jesus e Javi. 

Incidencias: Partido correspondente á   VII Xornada do grupo V de Primeira Autonómica disputado no campo de “O Salgueiral ” ou campo de “O Cura”, ante uns douscentos  seareiros.

Desde San Adrián, informa Pili Paredes.


No hay comentarios: